Aberto o prazo para solicitar o bonobús universitario

Xa está aberto o prazo para solicitar as axudas para o transporte de estudantes universitarios de Ferrol aos campus da Coruña despois de que o pasado 9 de outubro publicasese a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP). As solicitudes poderán presentarse ata o 23 de outubro incluído no Rexistro Xeral do Concello.

Este bonobús universitario, que serve para financiar o desprazamento de ida e volta no mesmo día dos ferroláns matriculados nas escolas e facultades da Universidade da Coruña (UDC) na cidade herculina, consistirá na bonificación do 50 % do traxecto. Para ser beneficiario é obrigatorio estar empadroado en Ferrol durante todo o curso académico 2019-2020 e non superar os limiares de renda recollidos nas bases. Os máximos impoñibles por unidade familiar son os seguintes: para familias de 1 ou 2 membros, 19.000 euros; para as de 3, 21.000; para as de 4, 23.000; para as de 5, 25.000; para as de 6, 27.000; para as de 7, 29.000, e para as de 8, 31.000.

Varios irmáns e circunstancias extraordinarias

No caso de que dous irmáns soliciten o bonobús, o primeiro terá dereito, mentres que ao segundo concederáselle sempre que a base impoñible da unidade familiar non supere os 34.000 euros. Se se trata de tres ou máis irmáns, ese límite increméntase ata 49.000 euros. Nas bases tamén consta que no caso de que varían as condicións económicas respecto do ano anterior ou “de se producir casos extraordinarios dentro das unidades familiares”, poderanse facer constar esas circunstancias para que sexan estudadas e, no seu caso, se concedan igualmente as axudas.

Lea también

Ferrol en Común insta a «esgotar todas as vías para restaurar a xustiza social fronte á aldraxe pactada entre PP e Socamex en 2014» coa aprobación da taxa de saneamento

Ferrol en Común, coñecida a sentenza do TSXG no día de onte, considera que esta resolución …