Benestar Social e Cruz Vermella continúan o seu achegamento aos maiores coas charlas sobre teleasistencia e voluntariado

Andrés Ríos, Ángel Mato, Carmen Reigía e Eva Martínez na presentación do servizo | Concello de Ferrol

O Concello de Ferrol continúa no seu empeño en acercarse aos maiores da cidade e por elo prosigue coas charlas informativas que a concellería de Benestar Social, que dirixe Eva Martínez, puxo en marcha o pasado mes para informar da recente campaña de acompañamento e teleasistencia do Concello en colaboración con Cruz Vermella Independencia + Tranquilidade.

A próxima será o mércores, 16 de outubro, ás 19 horas, no local social de San Xoán, despois de que a primeira se celebrara no barrio de Caranza. Ao encontro, no que se explicarán todos os detalles da iniciativa, acudirán a concelleira responsable do área e técnicos da ONG.

Co obxectivo de chegar a máis maiores e aproveitar tódolos recursos dos que dispón o Concello, o departamento de Benestar Social puxo en marcha esta campaña porque, como explicou Eva Martínez, “a ninguén se lle escapa que vivimos nunha sociedade envellecida” e “garantir a dignidade dos veciños con maior vulnerabilidade é unha das nosas prioridades”. Foi o alcalde, Ángel Mato, acompañado pola concelleira, o vicepresidente da Asemblea Provincial da Cruz Vermella, Andrés Ríos, e a coordinadora provincial, Carmen Reigía, quen derion a coñecer unha campaña que inclúe, por unha banda, o servicio de teleasistencia en colaboración coa ONG, e, por outra, a prestación de acompañamento a persoas maiores a través da oficina de voluntariado do Concello de Ferrol. As persoas interesadas nestes servizos poden solicitar información no Edificio Social.

Lea también

Los bomberos de Ferrol dejan de prestar servicio en otros seis municipios de la comarca

El presidente de la junta de personal del Ayuntamiento de Ferrol, Javier Sandá (CSIF), ha …