O Concello cumpriu no terceiro trimestre o período medio de pago

O Concello de Ferrol cumpriu no terceiro trimestre, por primeira vez no presente ano, o período medio de pago a provedores, que a normativa establece en 30 días. Así se deu conta na Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá no pazo municipal.

Este é un obxectivo no que se vén traballando desde que o goberno local tomou posesión, a comezos deste terceiro trimestre, segundo explicou a concelleira María Teresa Deus. Para a responsable de Economía e Facenda, acadalo era “moi importante”. Por unha banda, pola repercusión que ten nos provedores da Administración local, e por outra, tal e como explicou, porque significa a diferencia entre poder levar a cabo investimentos financeiramente sostibles ou ter que destinar os mesmos fondos a amortización de débeda. “Se non se cumprise, o Concello estaría obrigado” a isto último, insistiu Deus.

Deus agradeceu o traballo dos funcionarios

A edil e segunda tenente de alcalde dixo que estivo a facer un especial seguimento deste asunto “desde o primeiro momento” e quixo agradecer aos funcionarios “o seu esforzo” por axilizar os trámites, “e máis tendo en conta que este trimestre coincide co período de máis vacacións”.

María Teresa Deus avanzou que agora que o período medio de pago acaba de situarse xusto nos niveis que esixe a lei, é necesario seguir a traballar para darlle un novo impulso a esa tendencia e conseguir así que nos vindeiros trimestres baixe dese límite de 30 días.

Lea también

Presentación do libro «Ser Cetáceo» de Francisco X. Fernández Naval no Museo de Historia Natural de Ferrol

Este viernes 26 de abril a las 19:30 horas en el Museo de Historia Natural …