O pleno de Ferrol aproba a Ordenanza Xeral de Subvencións

Pleno de organización | Adán Puentes

O Concello de Ferrol celebrou esta mañá tres plenos extraordinarios. O primeiro aprobou as normas para o sorteo da composición das mesas electorais para as eleccións xerais do próximo 10 de novembro. O segundo rexeitou a moción presentada polo grupo municipal do Partido Popular que demandaba a adopción urxente de medidas que salven o futuro da Central Térmica das Pontes e, en caso de non suceder, a dimisión de Teresa Rivera, ministra en funcións para a Transición Ecolóxica.

A proposta contou cos votos a favor do PP e en contra os de PSOE, FeC e BNG. Julián Reina, voceiro do grupo socialista, presentou unha emenda á moción popular para, por unha banda, instar á posta en marcha de iniciativas para a “reactivación industrial” que aproveite “todas as potencialidades da comarca” e, por outra, trasladar dita proposta ao Goberno central e á Xunta. A emenda socialista non foi aceptada polo grupo municipal popular.

Cos votos a favor de PSOE e FeC, en contra os de BNG e 8 abstencións do PP, o terceiro pleno extraordinario aprobou a Ordenanza Xeral de Subvencións e desestimou a alegación do grupo municipal do BNG.

Lea también

«O Talentiño», certamen ferrolano que promueve el talento juvenil, ya en su recta final

«O Talentiño», el prestigioso certamen ferrolano del Concello de Ferrol que celebra y promueve el …