O Concello oferta no CPI Atios clases de atletismo para nenos e nenas a partir de 4 anos

CPI Atios-Valdoviño

O Concello de Valdoviño ofrecerá a partir do mes de novembro clases de atletismo no pavillón do CPI Atios. Unha nova actividades da programación deportiva dirixida a nenos e nenas a partir dos 4 anos.

O concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, avanzou que as clases se celebrarán os martes, de 15,30 a 16,30 horas, e os xoves de 16 a 17 horas. Así mesmo, sitou o inicio da actividade no mes de novembro.

O prazo de inscrición está aberto e as persoas interesadas deben apuntarse no rexistro xeral de luns a venres de 9 a 14 horas, entregando a ficha de inscrición e fotocopia do DNI do participante ou libro de familia (e volante de empadronamento soamente no caso de que no DNI non poña a dirección de Valdoviño co ánimo de confirmar a residencia no concello). O prezo da actividade é de 10 euros.

Con esta actividade preténdese introducir aos nenos e nenas do Concello nos hábitos de vida saudable a través do deporte. Neste caso, un deporte moi completo como é o atletismo. Para moitos descoñecido, o atletismo é moito máis que correr e, por isto, en colaboración co Club de Atletismo Narón se vai a orientar a actividade de forma divertida: saltar, lanzar, correr… xogar, compartir e moito máis.

Lea también

Reserva de entradas para el partido del Racing Club Ferrol frente al CD Tenerife

El Racing Club Ferrol gestionará la reserva de las entradas que el CD Tenerife le ha …