A alcaldesa de Narón asinou esta mañá convenios con entidades deportivas por un importe conxunto de 196.000 euros

Firma dos convenios deportivos | Concello de Narón

O Concello de Narón renovou hoxe os convenios de colaboración con oito entidades deportivas da cidade. A alcaldesa, Marián Ferreiro, asinou os acordos xunto cos presidentes do Club Atletismo Narón, Plácido Vicente Armada; Club Deportivo Narón, Xoán Manuel Ramos; Agrupación Deportiva Santiago Apóstol, Miguel Piñeiro; Agrupación Deportiva Náutico Narón, Amando Guerrero; Club Atletismo Narón, Miguel Soto; Sociedade Deportiva O Val, Antonio López e Club Tenis de Mesa Narón, Fernando Montero, se ben non puido acudir hoxe á convocatoria o presidente do Club Piragüismo Narón, Eduardo Lourido. En conxunto, o Concello destinará unha partida de 196.000 euros para continuar promocionando o deporte na cidade a través dos citados clubs.

A finalidade dos acordos rubricados esta mañá é “fomentar e potenciar a práctica deportiva na nosa cidade, nas diferentes categorías”, tal e como destacou a alcaldesa. Así mesmo, Ferreiro agradeceu aos presidentes dos clubs “o traballo que realizades durante todo o ano para que os nosos veciños e veciñas poidan contar cun variado tecido deportivo, de gran calidade e con propostas para persoas de tódalas idades”.

Lea también

El Natación Ferrol luchará por el título de la División de Honor

El Club Natación Ferrol demostró su poderío el fin de semana en la tercera jornada …