A carreira a pé perxudica o resultado de Miriam Casillas, 22 na Copa do Mundo

Godoy e Casillas en Xapón | Triatlón Ferrol

Miriam Casillas finalizou na 22 posición na Copa do Mundo de Tongyeong despois de ter rodado no pelotón cabeceiro.

Foi a carreira a pé o sector que retrasou á internacional do Triatlón Ferrol xa que correu por encima dos 18 minutos o 5.000 final a pé, lonxe do que en ela é habitual.

Pese a que o seu resultado persoal non é o desexado, a triatleta de Badaxoz é consciente de que tampouco foron bos os postos das súas rivais polo top-30 do ranking olímpico, como é o caso da brasileira Lopes.

Deste xeito, os plans de Miriam Casillas pasan por rematar a temporada a próxima fin de semana na Copa do Mundo de Miyazaki, en Xapón.

Lea también

June Moreno, quinta en la copa junior de Lignano

El pasado fin de semana se disputó en Italia, la Copa de Europa de Lignano, …