O BNG acusa de hipocrisía a PP e PSOE polo estado da cidade

María do Mar López e Iván Rivas en rolda de prensa | Adán Puentes

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol denuncia a «hipocrisía» do Partido Popular e do Partido Socialista respecto da situación xeral da cidade, tanto «no que non depende directamente do concello como no referido a aquelas decisións que se teñen que tomar noutros ámbitos políticos nomeada e fundamentalmente a administración estatal«.

Para o BNG é unha «hipocrisía evidente os lamentos do señor Rey Varela e do señor Mato sobre a falla de traballo nesta cidade, namentras as dúas organizacións políticas, tanto PP como PSOE, avalan un plan industrial para a empresa Navantia que esta a supoñer un novo proceso de reestruturación fundamentalmente na industria auxiliar pero tamén no plantel principal«.

O PP e PSOE, lamentan a falla de carga de traballo «pero non cuestionan o confinamento de Navantia ao sector militar e esas mesmas organizacións políticas afirman que non teñen competencias para poder tomar decisións nin desde o concello nin desde a Xunta respecto do principal sector produtivo desta cidade pero avalan o actual marco competencial que fai que a dependencia dos estaleiros galegos sexa plena e absoluta da administración estatal en Madrid«.

O BNG considera que o mesmo acontece respecto das políticas a desenvolver desde o ámbito local «nas que supostamente tanto Mato como Rey Varela falaban de 10 puntos sobre os cales tiñan un acordo pleno e que polo tanto se eses acordos non se levan adiante é porque esas duas organizacións políticas non o queren facer. Conservando os privilexios do Estado e das transnacionais da cidade«.

Cuestións como o convenio con Defensa que «segue a permitir que o Ministerio deixe de pagar impostos nesta cidade, a privatización permanente da xestión de recursos básicos coma o auga ou o lixo en función dos intereses das empresas concesionarias son decisións que este goberno local esta a manter e que son herdadas de mandatos anteriores prolongadas no tempo e que están levando a situación xeral da cidade a un camiño insostible por moito que aparencialmente o PP e o PSOE se esforcen en cuestionarse mutuamente«.

Lea también

O BNG de Ferrol afirma que «a lingua galega está viva e que a sociedade está disposta a defendela»

O BNG de Ferrol a través dun comunicado anuncia que diferentes colectivos da cidade de …

4 comentarios

  1. Bla, bla,bla,bla…. siempre con el mismo discurso cansino

  2. O bng adicase COMA SEMPRE a non facer nada, mais que criticar todo. A señora Pontón da noxo escoitala falar na radio ou na tv, e o Rivas este sen comentarios.

  3. El BNG acusa de hipocresía, bueno esto es se auténtica coña.

  4. Ay Ivan, que bien se vive mirando los toros desde la barrera. Desconocemos como será su mundo ideal, y admiro que sea feliz con su actitud hacia los que quieren hacer cosas por su ciudad. Yo sólo recuerdo del BNG, en Ferrol, el monumento que han hecho de la plaza de España, eso sí que es política de silbeira…., y Reganosa? y que piensa de Endesa As Pobres, no adoran una Galiza limpia de gases de efecto invernadero?, explique su postura, pero le será difícil. Demasiada demagogia y lío de ideas nada prácticas. Siga usted así, es muy afortunado, se lo aseguro.