Ferrol acolle a primeira Mostra Coral de Música Contemporánea con Diapasón e o coro da Universidade de Coimbra

Iglesia de Santa María de Caranza | Adán Puentes

A Igrexa de Santa María de Caranza acollerá o próximo domingo 27 de outubro, ás 18 horas, a primeira “Mostra Coral de Música Contemporánea. Cidade de Ferrol”, no que actuarán o Coro Misto da Universidade de Coimbra (Portugal) e o coro ferrolán Diapasón. Trátase dun concerto de balde e benéfico a favor de Cáritas Parroquial a través de donativos e alimentos.

A agrupación de Ferrol, fundada en 2010 e dirixida por Juan Brage, actuou tanto en Galicia como fora de ela, ofrecendo concertos en Xixón, Valladolid, Sevilla, Vitoria, Badaxoz, Cáceres, Cantabria, Zamora o Huesca, e tamén fora de España, como Oporto, Lisboa e Toulouse. No ano 2015, o coro Diapasón participou no pregón da Semana Santa Ferrolán, declarada de Interese Turístico Internacional, e dende hai cinco anos participa na Rede Cultural da Deputación de A Coruña e no programa Ferrol Escena. A principios de novembro, Diapasón viaxará a Cantabria para continuar coas súas actuacións.

Lea también

Entrega de premios en Ferrol a los ganadores del IV Concurso de Fotografía “Puerto y Ciudad”

Este viernes 19 de abril, tendrá lugar en Ferrol la entrega de premios a los …