A Mancomunidade ofrece un curso de entrenador de surf de nivel 2

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, coa colaboración da Deputación da Coruña, ofrecerá un curso de monitores de surf de nivel 2 a persoas empadroadas en calquera dos 21 concellos integrantes no Xeodestino Ferrolterra-Rías Altas. Esta iniciativa forma parte da aposta por desenvolver o turismo activo no territorio, aproveitando a visibilidade internacional do surf para crear emprego arredor deste deporte e do resto de actividades implantadas no territorio (Kayak, rutas a cabalo, windsurf… e un longo etcétera detallado na web activo365.ferrolterra.gal). O curso a impartir, coa denominación “ENTRENADOR NACIONAL EN SURFING NIVEL II (TDII)”, encóntrase regulado na Resolución de 7 de febrero de 2012, de la Presidencia del Consejo Superior de Deportes, por la que se publica el plan formativode la modalidad deportiva de surf (BOE 28/02/2012), e resulta necesario para a creación e mellora da calidade das escolas de surf do territorio. O obxectivo é distinguir a Costa das Ondas como marca de calidade, non só polas características únicas das súas praias, senón tamén polo nivel dos profesionais que ofrecen actividades nelas.

As persoas interesadas deben inscribirse na web da Federación Galega de Surf, www.fgsurf.org, a partir do luns 28 de outubro ás 8.00 horas, e cumprir os requisitos que se especifican nesta web. O prazo de inscrición remata o mércores 30 de outubro e as prazas serán outorgadas por rigoroso orde de inscrición. O curso é gratuíto a excepción do importe das probas de acceso, que é reembolsable.

Lea también

Narón acolle o “XXIII Trofeo de Baile Deportivo Cidade de Narón” e o “Campionato Galego de Standard”

O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, e o presidente do Club de Baile Deportivo Narón, …