Eva Martínez propón que o proxecto Caixa Proinfancia se amplíe a todo o barrio de Recimil e os Ensanches

Instante da reunión do proxecto Caixa Proinfancia | Concello de Ferrol

A concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, reuniuse esta mañá no pazo municipal cos integrantes da Mesa Institucional do proxecto Caixa Proinfancia, da Fundación La Caixa, na que estiveron presentes Josep Oliva Santiveri, responsable da área social da fundación; Susan Santos Morais, delegada da entidade; e representantes das consellerías de Educación e Sanidade. No proxecto tamén forman parte as asociacións Dignidad, Secretaría do Gitano e dende este ano Acción Familiar Ferrol. Ata agora Aspaneps tamén participaba na iniciativa. O proxecto ten
como obxectivo romper o círculo da pobreza hereditaria coa educación como clave, e pon á familia no centro e aos axentes públicos e privados ao seu ao redor para atender de forma coordinada ás familias.

A Mesa reúnese unha vez ao ano. No encontro desta mañá fixeron balance do proxecto do pasado curso escolar, xa que a iniciativa arrinca en outubro e remata a finais de setembro. Dende que comezou o proxecto no ano 2017, atendeuse a 49 menores de idade e a 44 familias de Recimil. Na pasada edición do proxecto –a terceira e a segunda na práctica-, leváronse a cabo varias actuacións: atención psicoterapéutica personalizada, que atendeu a 6 nenos; aula aberta para reforzo escolar, con 20 nenos; grupos de estudios asistido, con 17 menores, e reforzo individualizado, con dous escolares. Tamén se desenvolveron en verán seis colonias urbanas coa participación de 21 nenos e durante todo o ano talleres educativos familiares, con 14 menores.

Lea también

O BNG de Ferrol demanda no pleno, melloras nos comedores escolares

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou, acompañados de familias do ceip Cruceiro de Canido, …