A compañía Chévere representará este sábado no Pazo da Cultura a obra teatral “Curva España”

A compañía Chévere representará este sábado, día 26 ás 20.00 horas, no Pazo da Cultura o espectáculo “Curva España”, unha obra teatral na que actuarán Patricia de Lorenzo e Miguel de Lira e producida pola propia compañía. O prezo das entradas é de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). Poden adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es .

Baixo o xénero do teatro-documento Chévere impulsa este proxecto, no que afonda nos mecanismos narrativos que xorden na fronteira entre a realidade e a ficción, entre a historia e a lenda, a pantalla e o escenario. A obra parte dunha historia moi local que se foi transmitindo oralmente de xeración en xeración entre persoas da comarca de Verín (Ourense) nos últimos cen anos.

“Curva España” trata sobre un crime que aparentemente está sen resolver, donde unha morte violenta provoca sospeitas e interrogantes sobre os actores.

Existen versións diferentes sobre o caso e artéllase unha peza irónica sobre o formato documental, combinando teatro e cine en directo, donde tamén ten presenza o xénero policial e funciona a modo de alegoría da construción do estado nación español como se fose a promesa dun tren que nunca chegou.

Lea también

La Armada adjudica a Cofersa el mantenimiento de sistemas contraincendios de unidades dependientes del Arsenal de Ferrol

La compañía radicada en el Polígono de Río do Pozo,en Narón, Cofersa Seguridad acaba de …