Os grupos da corporación de Narón defenden a continuidade da actividade de Reganosa

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro; o viceportavoz de TEGA, Guillermo Sánchez Fojo; os portavoces do PSOE, David Pita, e do PP, Germán Castrillón, e Marta Grandal, en representación do BNG, acudiron no mediodía deste xoves a unha xuntanza con representantes do comité de empresa de Reganosa. En representación da compañía acudiron Emilio López, presidente do comité, Manuel Ramos, secretario, e Daniel Casal.

Os representantes dos grupos políticos da corporación local amosaron o seu respaldo ao Comité de empresa, defendendo a continuidade da actividade de Reganosa na comarca fronte ás fontes que apuntan a intereses da compañía Enagás para invalidar a continuidade desta industria do sector gasístico na ría.

O presidente do Comité de Empresa de Reganosa agradeceu aos representantes dos grupos que se reunirán con eles e tamén o apoio que lles trasladaron durante o encontro mantido esta mañá no Concello.

Así mesmo, a alcaldesa, Marián Ferreiro, recalcó que “a nosa comarca non pode continuar perdendo postos de traballo e temos que traballar xuntos dende as administracións en defensa do emprego de Ferrolterra, Eume e Ortegal, donde contamos cun amplo tecido industrial que está pasando dende hai tempo por unha situación moi complicada que lamentablemente xa derivou no peche de varias empresas, co que iso supón para as nosas veciñas e veciños”.

Lea también

La Armada adjudica a Cofersa el mantenimiento de sistemas contraincendios de unidades dependientes del Arsenal de Ferrol

La compañía radicada en el Polígono de Río do Pozo,en Narón, Cofersa Seguridad acaba de …