O 092 formulou nunha noite 3 denuncias relacionadas co consumo de alcohol entre menores e outras 15 por ouriñar na rúa

A Policía Local de Ferrol formulou ao longo das semanas pasadas varias denuncias tras detectar diversas infraccións durante o dispositivo que leva a cabo para previr o consumo de alcohol entre menores. Nunha soa noite, os axentes que formaban parte deste operativo detectaron a 15 mozos facendo as súas necesidades na rúa. Doce deles eran rapaces, e tres, rapazas. Todos eles cometeron unha infracción tipificada no artigo 6.6 da ordenanza Municipal de Limpeza e Recollida de Residuos do Concello de Ferrol, conforme o cal se prohibe “cuspir e satisfacer as necesidades fisiolóxicas na vía pública tales como ouriñar e defecar”, feitos que conlevan unha infracción leve e unha sanción de 100 euros (cunha posible bonificación do 40 %, que a reduciría a 60).

Dentro do mesmo operativo, os axentes tamén identificaron a tres menores que estaban a consumir bebidas alcohólicas na rúa. Esta infracción, de carácter leve e que implica unha sanción de 100 euros (bonificable nun 40 % ata 60), foilles comunicada aos seus respectivos pais.

Sanción de 3.005,07 euros

Por outra banda, durante outra noite na que a Policía Local puxo en marcha este dispositivo de control, os axentes comprobaron como, nun establecemento de ocio, un camareiro lles servía a tres rapazas cervexas e un combinado de Licor 43, sen comprobar se eran maiores de idade. Unha vez identificadas as mozas, comprobaron que ningunha alcanzaba os 18 anos. Por elo, formulouse denuncia por infracción grave contemplada na Lei de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade, que leva aparellada unha sanción de 3.005,07 euros (1.803,05 no caso do importe bonificado ao 40 %).

Lea también

O BNG de Ferrol demanda no pleno, melloras nos comedores escolares

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou, acompañados de familias do ceip Cruceiro de Canido, …

Un comentario

  1. muy bien por la policia local , pero mi pregunta es , quien multa a los miles de perros que orinan varias veces al dia durante todo el año por calles , papeleras , jardineras , portales ……..???