O Esteo consegue unha importante victoria na casa

Partido ante o Pizarras Los Tres Cuñados | Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) Gran vitoria do O Esteo ante un dos equipos fortes da categoría, Pizarras Los Tres Cuñados, por 4 goles a 1. Chegaba ao descanso con ventaxa o cadro local gracias a un tanto de Cokito (17´).

No segundo tempo, tras un pase dende pista propia, lanza un zapatazo Noé dende o borde da área que vai ao fondo das mallas nun auténtico golazo (26´), e poñía a tranquilidade Cokito facendo o terceiro nunha xogada en superioridade numérica tras expulsión dun visitante (31´).

Nunha contra, Rober asistía a Jhony que facía o cuarto (35´), e xa case ao final Borja anotaba o tanto da honra para os ourensáns.

O Esteo era este sábado sétimo con 13 puntos antes de xogar por segunda semana consecutiva na Fraga, recibindo ao colista, o histórico Prone de Lugo, que nesta xornada logrou o seu primeiro punto.

O Esteo: Javichu, Jhony, Rober, Matos, Cokito – Noé, Héctor, Jacobo, Troncho.

Pizarras Los Tres Cuñados: Maelo, Gonzalo, Bruno, Iván, Javi – Pedro, Borja, Bencho, Corzo, Kiko.

Goles: 1-0, Cokito (17´). 2-0, Noé (26´), 3-0, Cokito (31´), 4-0, Jhony (35´), 4-1, Borja (40´).

Tarxetas: Rober, Javi. Expulsado Iván por doble amonestación (30´).

Incidencias: Pavillón de A Fraga. Uns 200 espectadores.

Lea también

O Café Candelas O Parrulo “B” juega ante el Caja Rural Atlético Benavente

Los ferrolanos necesitan los tres puntos en su lucha por la permanencia. Empieza la recta …