O alcalde destaca na presentación de Tapéate que a cociña ferrolá “é un dos mellores elementos” da marca de cidade

Ángel Mato na presentación de Tapéate | Concello de Ferrol

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, participou esta mañá no inicio dunha nova edición de Tapéate, unha cita coa gastronomía ferrolá que celebra a cidade cada mes de novembro impulsada polo Concello, a Asociación de Empresarios da Hostalería de Ferrol e a Sociedade Mixta de Turismo. A iniciativa, que este ano se prolongará ata o día 17, consta de dous concursos, un ante un xurado de expertos e outro ante o público. O primeiro arrincou esta mañá no hotel Almirante, onde Luís Veira, Leonila Fernández e Álvaro Fuentes elixiron as cinco mellores tapas de entre as 22 presentadas a este certame. Durante os días que dure Tapéate, o xurado sorprenderá aos cinco establecementos para dictaminar o mellor prato, para lo que terán en conta a presentación, a elaboración, a degustación e o uso de productos autóctonos. O primeiro gañador obterá 500 euros, o segundo 300 e o terceiro, 200.

Dez máis, un total de 32 establecementos, participan no concurso no que o público ferrolán será o xurado. Locais hostaleiros da Magdalena, Serantes, o Ensanche, Ultramar, Esteiro e Catabois servirán a súa tapa a tres euros e os clientes terán a oportunidade de votar pola súa favorita nas urnas que haberá en cada establecemento. Neste caso, o establecemento gañador obterá 300 euros. Entre as tapas hai tanto doce como salgado: saquiños de tenreira, lasagna de cocido, puré de remolacha, croquetas de rabo de vaca, niño de cogomelos ou brownie de vainilla son algunhas das propostas que os clientes encontrarán a partir de hoxe en máis dunha trintena de locais. Ademais, entre os clientes que voten celebrarase un sorteo de 100 euros para gozar nun dos locais participantes.

O alcalde, Ángel Mato, destacou que a cociña ferrolá “é un dos mellores elementos da marca de cidade”. Mostrou o seu firme apoio a hostalería e anunciou que a comezos do seu mandato pediu aos responsables das concellerías de Emprego, Turismo, Cultura e Urbanismo que “traballen conxuntamente” para “facer crecer o sector”. Resaltou a calidade das tapas, “que combinan la tradición da nosa gastronomía coa modernidade” e aproveitou a ocasión para animar aos veciños a “inundar” as rúas de Ferrol para degustar cada unha das propostas de Tapéate.

Emilio Vázquez, presidente da Asociación de Empresarios da Hostalería, agradeceu ao alcalde o seu apoio á iniciativa e lembrou que a calidade das tapas “é moi alta”. Por elo, dixo, “podemos presumir da gastronomía da cidade”. Pola súa banda, o chef Luís Veira engadiu que a gastronomía ferrolá “pode ser punta de lanza para moitas cidades galegas”.

Lea también

O BNG de Ferrol demanda no pleno, melloras nos comedores escolares

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou, acompañados de familias do ceip Cruceiro de Canido, …