Presentada a XXVII edición do Trofeo de Natación Cidade de Narón

O concelleiro de Deportes, José Oreona, presentou na mañá deste venres, xunto co presidente da Agrupación Deportiva Náutico de Narón, Amando Guerrero, unha nova edición do Trofeo de Natación Cidade de Narón na que participarán case douscentos nadadores e nadadoras.

A competición disputarase o sábado 23 de novembro en dobre sesión, de mañá ás 11.00 horas e de tarde a partires das 17.30 horas.

Nesta xornada deportiva serán un total de 17 clubes os que competirán para acadar o preciado trofeo naronés: Pabellón Ourense, Marina Ferrol, CN Coruña, AD Fogar, CN Xove, CN Ferrol, CN Cedeira, CN Galaico, CN Redondela, CN Arteixo, CN Portamiñá de Lugo, Cidade de Santiago – vencedor da pasada edición-, CN Arzúa e, como clubes debutantes contarase coa participación de CN Hércules Termaria e CN Santa Coma, así como un grupo de triatletas del CGTD de Pontevedra.

Entre deportistas de recoñecida traxectoria que estarán na competición e optarán ao Premio XVII Memorial Javier Lago cabe destacar a: Alejandro Pasareti (Santiago), Raúl Segade e Carla Carron (CN Arzúa), Clara López, Eva Chas o Sergio Losada (Ferrol), Alba Gómez (Arteixo) e os locais Icía López, Miguel Gracia ou Bruno Ferreiro polo club anfitrión.

O concelleiro de Deportes, José Oreona, convidou ás veciñas e veciños de Narón e comarca a presenciar este evento deportivoe no que se poderá ver o elevado nivel dos deportistas do club naronés e tamén do resto de participantes, valorando o traballo desenvolvido desde o Náutico Narón a prol do deporte da natación e manifestando a colaboración que desde o concello se manterá nesta liña. O presidente da agrupación deportiva agradeceu ao Concello o apoio para seguir traballando neste sentido e co desexo de que este evento sexa un éxito deportivo.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …