Ferrol en Común celebra que o goberno avale e dea continuidade ao proxecto de envolventes de Recimil

Os concelleiros de Ferrol en Común en Recimil | Ferrol en Común

No día de onte, o grupo municipal de Ferrol en Común desprazouse ao barrio de Recimil, concretamente á Rúa 10 de marzal, co fin de examinar o avance das obras nesa zona. A veciñanza trasladou a súa satisfacción pola mellora inmediata percibida na habitabilidade, e agardan que teña continuidade no resto de bloques dun barrio degradado pero valioso a nivel patrimonial e social, no que ningún goberno anterior quixo acometer actuación algunha de dignificación urbanística, chegando a formularse nos programas electorais da dereita de 2003 o seu derrubo completo por parte de Juan Fernández e Juan Juncal, «pais políticos de Jose Manuel Rey«.

Logo de coñecer a decisión, e empatizar coa imposibilidade manifesta de sacar adiante un orzamento para este exercicio económico, Ferrol en Común insistiu dende o verán, comisión tras comisión, na urxencia de sacar adiante tres aspectos fundamentais: a oferta de emprego público, o anexo de subvencións de concorrencia e nominativas e os investimentos financeiramente sostibles. Chegando a finais de novembro, «pese a que parece verse luz no marasmo do goberno da opacidade e o búnker comunicativo, sométese a unha tensión innecesaria ao Concello cos tempos para a posibilidade real de sacar adiante estas tres propostas, xa que os requisitos legais de aprobación, publicación e aprobación de pregos levan ao límite a súa viabilidade«.

No día de onte, en comisión informativa, o único que se tralada para investimentos financeiramente sostibles, é unha folla de excel, «quizais máis incompleta que a información trasladada aos medios de comunicación, sen ningún tipo de informe preceptivo que o debe acompañar e sen ditaminar, véndose obrigado o goberno a levalo formalmente a comisión no mesmo día do pleno extraordinario, quedando patente a improvisación e o desleixo, pese a que se pon en risco un investimento superior a tres millóns de euros, ata tal punto, que na proposta que se trasladou en xunta de voceiros viñan actuacións que nin tan sequera se correspondían con viais propiedade do Concello«.

Polo que, neste goberno aparencial, «onde parece querer emendarse o pasado recente, a realidade tozuda se impón e, salvo dous aglomerdos, todos os proxectos son do goberno de Ferrol en Común, polo que non seremos nós os que poñamos trabas, pese ao caos e falta de información, a que se dea luz verde a investimentos tan necesarios coma o aparcadoiro do CHUF ou dous bloques de Recimil«.

Pese a todo, Ferrol en Común quere amosar a súa decepción por non acometer e incluir dentro do investimento financeiramente sostible a remodelación interior de vivendas, «con proxecto xa redactado pola oficiña de rehabilitación no anterior mandato«, e por non dar continuidade ao proxecto transversal de Benestar, Urbanismo e Patrimonio, «cun borrador de Regulamento concluso e unha serie de actuacións integrais que dignificaría o barrio en sentido material e humano«.

Así mesmo, Ferrol en Común quere amosar a súa perplexidade pola «homoxeneización» que o señor Mato fai dos termos aglomerado e urbanización completa, «crendo que o aglomerado da Avenida de Vigo e Rúa Velázquez precisarían de proxectos máis completos, de humanización, tal e como se comprometeu en campaña e se viña traballando xa con anterioridade no goberno de Ferrol en Común entre as áreas de Urbanismo e Seguridade».

Lea también

Inauguración en Ferrol de la «II Festa do Marisco de Semana Santa»

Se celebra hasta el próximo domingo bajo una carpa en el muelle ferrolano de Curuxeiras …

Un comentario

  1. Me parece maravillosa la rehabilitación integral de las Casas Baratas, en efecto tiene una gran riqueza social y merecen estar preciosas. También espero que levanten un censo de las rentas que se están pagando. Sé de casos de gente que paga 5 y 10 euros MENSUALES por esos pisos, y lo peor, algunos ni viven en ellos y los mantienen pues entre pagar eso y tenerlos de gratis no hay diferencia.