O Consello Xeral de Participación de Narón abordou os orzamentos municipais e os avances no PXOM

O Concello acolleu a reunión do Consello Xeral de Participación Cidadá, que presidiu a concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, e á que asistiron representantes dos diferentes grupos políticos da corporación local e das entidades que integran este organismo. No transcurso da xuntanza aprobáronse dúas actas de sesións anteriores e informouse sobre os orzamentos municipais do ano 2020 e sobre o estado de tramitación do PXOM para, a continuación, abrir o pertinente turno de Rogos e preguntas.

O concelleiro de Facenda, Román Romero, encargouse de explicar aos integrantes do Consello Xeral de Participación as liñas nas que se basea o documento contable correspondente ao ano 2020, que ascende a 33,4 millóns de euros e que se levou esta mesma mañá á Comisión de Facenda, donde se abordou cos diferentes grupos da corporación. Román Romero destacou o feito de que son uns orzamentos “realistas” e que permitirán realizar actuacións encamiñadas á mellora de servizos e mantemento de instalacións municipais, entre outros investimentos previstos, como unha nova fase de rehabilitación do muíño de Xuvia que se cofinanciará coa Deputación da Coruña. A dependencia e a conciliación continúan sendo áreas prioritarias para o goberno local, que manterá conxelados os impostos municipais.

Así mesmo, o concelleiro de Urbanismo, Manuel Ramos, informou sobre a situación actual do PXOM, cuxo documento está á espera de informes supramunicipais e de compañías subministradoras sobre os que, unha vez recibidos, deberán informar os servizos técnicos e xurídicos municipais, sobre a conformidade do plan coa lexislación vixente.

Fóra da orde do día explicouse o programa municipal “Todo o que Narón é”, un proxecto de recuperación da memoria fotográfica e documental do Concello aberta á participación da cidadanía en xeral.

Finalmente, a concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, agradeceu a asistencia á convocatoria dos representantes dos distintos barrios e parroquias de Narón, pola súa implicacación neste organismo

Lea también

La Armada adjudica a Cofersa el mantenimiento de sistemas contraincendios de unidades dependientes del Arsenal de Ferrol

La compañía radicada en el Polígono de Río do Pozo,en Narón, Cofersa Seguridad acaba de …