Celebrouse o Día de Narón con música, degustación de filloas e a entrega de premios de pintura

Narón conmemorou este sábado con varios actos o seu Día, festividade local. Ao mediodía, a partir das 13.00 horas e tamén pola tarde, dende as 17.30 horas, a Praza 23 de novembro, nas inmediacións do pavillón Campo da Serra, acolleu parte da programación deseñada polo Concello para festexar esta xornada, que culminou no Pazo da Cultura coa entrega dos premios do “XI Concurso de Pintura Cidade de Narón”. A alcaldesa, Marián Ferreiro; o concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, e a viuva do pintor Francisco Criado, Emilia Paredes, entregaron os premios deste certame.

Veciñas e veciños do municipio achegáronse durante o mediodía e pola tarde á Praza 23 de novembro para degustar as filloas con chourizo que se servían de balde para a ocasión. A filloeira de Lestedo instalouse na citada ubicación para cociñar unhas 1.200 filloas por hora que se podían degustar baixo unha carpa con mesas habilitada nas inmediacións da filloeira e donde tamén actuaron os Grupos de Gaitas do Padroado da Cultura.

Pola tarde, ás 17.00 horas deu comezo baixo a carpa un espectáculo dirixido ao público infantil, “A Gramola gominola”, do que desfrutaron os nenos e nenas que se achegaron á Praza 23 de novembro.

Así mesmo, durante a mañá e a tarde permaneceron expostos instrumentos realizados por alumnado do Obradoiro de Instrumentos tradicionais do Padroado da Cultura, que tamén realizaron mostras en vivo do traballo que realizan durante o curso.

PREMIO DE PINTURA

A celebración do Día de Narón continuou pola tarde, a partir das 18.00 no Pazo da Cultura, donde tivo lugar a entrega de premios da undécima edición do Concurso de Pintura Cidade de Narón. A malagueña Blanca María Álvarez Sánchez, recibiu o primeiro premio, dotado con 1.500 euros, pola súa obra “Ciudad de Jirafas”; o segundo premio, de 750 euros, foi para Manuel Ángel Serantes Morán, veciño de Ponferrada, pola obra “Gran Vía” e o terceiro, de 400 euros, para Alejandro Galán Vázquez, de Sevilla, pola obra “Almuerzo”. Os gañadores do primeiro e do terceiro premio non pudieron acudir persoalmente a recoller os seus premios. Concedeuse tamén un ano máis o Premio Especial Francisco Criado, dotado con 200 euros, que recaeu na ferrolá Josefina Porta Pereira pola súa obra “A toda vela”. A esta edición do concurso presentáronse 90 obras, das que 49 eran da categoría de Adultos e as 41 restantes da Infantil. Os nenos e nenas que participaron na categoría infantil recibiron tamén un diploma pola súa participación e unha Caixa de pinturas, se ben os adultos recibiron tamén un diploma.

A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, agradeceu a implicación das persoas que se presentaron ao certame e valorou a calidade das obras presentadas. Así mesmo, felicitou aos premiados e premiadas desta edición e asegurou que “hai canteira para continuar organizando este concurso na cidade”, amosando o orgullo que supón poder convocalo en vindeiras edicións este certame, xa consolidado no calendario cultural da cidade

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …