O Esteo consegue unha importante victoria ante o Sala Ourense

Instante do partido ante o Sala Ourense | Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) O Esteo pontés de fútbol sala gañou este sábado na Fraga por 4-1 ao Sala Ourense. Triunfo de mérito, pois contaba coas ausencias de dous fixos como Héctor e Rober, e durante o encontro foi expulsado Cokito, así que o cadro local disputou o encontro cos efectivos xustos.

Pero adiantouse ao pouco do comezo co tanto de Jhony cun remate a media altura que entra polo segundo pau, mediado o primeiro período era Cokito quen marcaba de tiro raso, e preto do descanso Noé aproveitaba un balón morto para marcar de forte disparo.

No segundo tempo, os locais aguantaron os dous minutos en inferioridade e posteriormente era Martín o que anotaba o cuarto de falta case sentenciando o encontro, pese a que os ourensáns o tentaron ata o último instante co porteiro xogador e Raúl anotou o da honra preto da bocina.

O Esteo é quinto con 20 puntos, antes de visitar ao Ribeira, penúltimo clasificado con nove, pero complicado rival, que conta co pontés Bruno e o ex Álex Durán.

O Esteo: Javichu, Jhony, Jacobo, Cokito, Troncho – Noé, Matos, Martín.

Sala Ourense: Rubén, Raúl, Ángel, Iván, Bermejo – Martín, Gustavo, Edgar, Arturo, Daniel.

Goles: 1-0, Jhony (1´), 2-0, Cokito (11´), 3-0, Noé (16´). 4-0, Martín (32´), 4-1, Raúl (39´).

Tarxetas: Amarelas a Raúl, Martín, Bermejo, Gustavo, Arturo, Troncho. Expulsado Cokito con vermello directo (29´).

Incidencias: Pavillón Municipal de A Fraga. Uns 150 espectadores. Houbo que parar o xogo nalgún momento pola presenza de algunha goteira.

Lea también

June Moreno, quinta en la copa junior de Lignano

El pasado fin de semana se disputó en Italia, la Copa de Europa de Lignano, …