O Concello propón ao escritor Eduardo Fra Molinero como o seu representante na Fundación Galicia Obra Social

O concelleiro Antonio Golpe presentou na comisión informativa extraordinaria de Cultura, Educación, Deportes e Festas celebrada esta mañá a designación do escritor Eduardo Fra Molinero (Ponferrada, 1946) como representante do Concello de Ferrol na Fundación Galicia Obra Social (Afundación).

O que fora concelleiro de Cultura na cidade ocuparía o cargo por un período de cinco anos despois de que o pasado 2 de setembro finalizara a duración do anterior posto, que ocupaba Ricardo Díaz Casteleiro. A proposta deberá aprobarse no pleno ordinario de mañá xoves.

Lea también

Inauguración en Ferrol de la «II Festa do Marisco de Semana Santa»

Se celebra hasta el próximo domingo bajo una carpa en el muelle ferrolano de Curuxeiras …