O inicio do Camiño Inglés recibe esta fin de semana unha intervención artística da man de Meninas de Canido

O inicio do Camiño Inglés, no porto de Curuxeiras, acolle esta fin de semana unha intervención artística da man de numerosos creadores. Trátase dunha iniciativa de Meninas de Canido en colaboración co Concello de Ferrol e a Deputación da Coruña que pretende poñer en valor a Primeira Milla do Camiño Inglés e que esta mañá presentaron as concelleiras de Turismo, María Teresa Deus, e de Patrimonio Histórico, Eva Martínez Montero xunto con Eduardo Hermida e Nicolás Laso, de Meninas de Canido.

O venres e sábado, a Praza Vella de Ferrol Vello contará con cinco murais de 4×2,5 metros para que os artistas Gonzalo Alonso, Alex Estudio 18, Yanina Torres, Blanca Vila e Hermida plasmen as súas creacións durante todo o día. Se as condicións climatolóxicas permíteno, dous instalaranse no porto de Curuxeiras. A temática das pinturas xirará en torno aos distintos portos de orixe do Camiño Inglés. Os murais doaranse ao Concello e á Deputación para o seu uso como promoción turística da cidade.

O sábado, tamén na Praza Vella, pintaranse 15 lapis de madeira de 2,5 metros de alto e 10 cm de diámetro. Neste caso serán os artistas Carlos Botana, Patio de Butacas, Estela Iglesias, Ladislao de Regueira, Lex Estudio, Malena Carballo, Margarita García, Mary de Lirios, Ricotelia, Rosa Salanova, Chuca Garrote, Susana Bermejo, Willy Anido e outros dous aínda sen confirmar os encargados de decorar ao seu gusto os lapis. Ao rematar, entregaranse aos locais A Maruxaina, Vinoteca Puerto, Cafetería Sarga, La Gruta, Taberna de Anca, Marte, Carta Náutica Ferrol, Submarino, Porto Vello, Frank, O Bacoriño, El Cantegril, Josefa´s Bar, Cuerda Floja e o Parador para que os expoñan nas suas instalacións. Pola noite, ao redor das 9.30 horas, terá lugar na Praza Vella un concerto de Alféizar.

Con esta intervención artística en Ferrol Vello preténdese dinamizar o comercio e a hostalería da cidade e tamén poñer en valor o patrimonio histórico e o Camiño Inglés. Para o equipo de goberno “é unha honra” dixo Martínez, “colaborar con esta iniciativa”, a primeira que apoia o recentemente creado Grupo de Traballo do Camiño Inglés, liderado polo Concello de Ferrol. Pola súa banda, a concelleira María Teresa Deus destacou a “importancia” de poñer en marcha actuacións como a desta fin de semana de cara ao próximo ano Xacobeo.

Lea también

Ferrolanos.-Luciano Taxonera y Vivanco, crítico literario, periodista y novelista

Luciano Taxonera y Vivanco nació en Ferrol el 4 de abril de 1890. Periodista, crítico literario y …