O Concello lembra a Xosé Fontenla Leal no centenario do seu pasamento

Antonio Golpe na ofrenda floral a Fontenla Leal | Concello de Ferrol

O Concello de Ferrol rendeu hoxe homenaxe a Xosé Fontenla Leal con motivo do centenario da súa morte. O concelleiro de Cultura, Antonio Golpe, depositou esta tarde en nome da corporación municipal unha palma de flores ante o monumento ao intelectual galeguista situado na praza do Himno Galego. Fontenla Leal foi un dos impulsores da Real Academia Galega e tamén unha figura clave na creación do himno de Galicia. Morreu na Habana o 5 de decembro de 1919, aos 55 anos de idade.

Lea también

Seleccionados os catro proxectos para as Residencias Artísticas Mariñán de Literatura e Pensamento

Francisco Rodríguez Casal, Esperanza Mariño Davila, Laura Martínez Mateo e Carmen Marina Vidal Valiña son …