A Oficina de Atención Cidadá do Concello recibiu en novembro unha media de 173 chamadas ao día

A Oficina de Atención Cidadá (OAC) do Concello de Ferrol recibiu o pasado mes de novembro un total de 3.460 chamadas telefónicas, unhas 173 diarias. De elas, 885 resolvéronse de forma directa a través do persoal da propia oficina, 1669 solicitaron traslado directo a un departamento ou persoa concreta e 906 explicaron o motivo da súa chamada e foron derivados á área correspondente.

Das 2.575 chamadas derivadas a outros departamentos, 333 foron para o departamento de Recadación, 296 para Urbanismo, 271 para o grupo municipal do PSOE, 202 para o Edificio Social, 185 para Estatística, 119 para Obxetos Perdidos, 116 para Cultura, 101 para Servizos, 99 para Obras, 96 para a Casa Solidaria, 71 para Alcaldía, 56 para Facenda, 51 para Patrimonio, 50 para Policía Local, 47 para Recursos Humanos, 47 para o Centro de Recursos Informáticos (CRI), 43 para a Oficina Municipal de Información ó Consumidor (OMIC), 43 para o departamento de Deportes, 36 quixeron comunicar con Contratación, outras 36 con Seguridade e Tráfico, 31 con Educación, 31 coa Mancomunidade, 27 con Medio Ambiente, 26 con Igualdade, 22 con Tesourería, 18 con Secretaría Xeral, 16 con Participación Cidadá, outras 16 chamadas foron para o centro cívico de Caranza, 12 para Emprego, outras 12 para Rexistro, 11 para Prensa, 9 para o Centro de Emprego, outras 9 para Turismo, 4 para a Biblioteca municipal, outras 4 para Conserxería, 4 para o departamento de Normalización Linguística, 4 para o grupo municipal do PP, 3 para o Arquivo, 2 para o grupo municipal de FeC e unha para Bombeiros.

O canal máis directo e áxil para todas aquelas persoas que queiran comunicar coa Oficina de Atención Cidadá do Concello, situada na planta baixa do pazo municipal, é a través do teléfono 981 944 000 ou a través do correo electrónico atencioncidada@ferrol.es.

Lea también

O BNG de Ferrol demanda no pleno, melloras nos comedores escolares

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou, acompañados de familias do ceip Cruceiro de Canido, …