O BNG acusa ao goberno local de «marxinar ao tecido local» na programación de Carvalho Calero

María do Mar López e Iván Rivas en rolda de prensa | Adán Puentes

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol acusa ao goberno local de «marxinar e silenciar aos verdadeiros artífices» de que o Día das Letras 2020 se lle adique a Carvalho Calero o tecido cultural e social desta cidade. «Cómpre lembrar que durante 20 anos foron os únicos que loitaron contra o silencio e contra quen pretendía ocultar a figura do profesor ferrolán esixindo que se lle rendirá esta oportuna homenaxe polo que é incomprensíbel que se lles deixe fóra e se lles exclúa da comisión organizadora que debe impulsar os actos de homenaxe a Carvalho Calero na nosa cidade«.

Desde o BNG asisten con preocupación «aos movimentos e anuncios do goberno local sobre os actos de homenaxe a Carvalho Calero, sobre unha suposta comisión que ia dar cabida ao movemento social da cidade no deseño desta programación pero que a día de hoxe continúa a ser inexistente«.

Para o BNG o goberno municipal de Ferrol pretende excluir destes «a quen verdadeiramente posibilitaron e loitaron para que o profesor Carvalho Calero sexa a figura homenaxeada o vindeiro 17 de maio. Para o BNG o goberno local pretende contribuir de maneira decisiva ao branqueamento da actitude das institucións que durante todos estes anos déronlle as costas ao profesor Carvalho Calero, marxinaron a súa figura e obra por ser esta unha obra comprometida coa cultura galega, polo posicionamento político de Carvalho Calero e polas súas teses lingüísticas que avogan polo reitegracionismo lingüístico«.

«Si de por si xa debera ser obrigada a participación destes colectivos na confección deste tipo de actos, todavía o é máis no caso de Carvalho Calero«, afirman dende o BNG.

Que o Día das Letras de 2020 se lle adiquen ao profesor Ricardo Carvalho Calero «foi un triunfo do tecido social e cultural da nosa cidade polo que resulta incomprensíbel e censurábel privalos da opción de participar dun xeito directo na elaboración da programación ao redor da súa figura. Estamos nas vésperas de comezar o ano 2020 e incomprensibelmente non se produciu ningunha soa reunión do goberno municipal coas entidades da nosa cidade que mantiveron viva a figura do profesor«.

Este comportamento demostra que a pretensión do goberno local «é que os veciños e veciñas da cidade, o resto de grupos políticos e os diferentes colectivos que teñen sostido a figura do escritor ferrolán viva ao longo destes anos asistan como simples espectadores aos actos organizados unilateralmente polo Concello desde unha visión sesgada e parcial do escritor«.

Para o BNG faise «necesario e imprescindíbel» que o grande tecido asociativo da cidade vinculado à figura de Carvalho Calero «teña un punto de encontro e voz para aportar as súas ideas e amplo coñecemento sobre traballo do intelectual ferrolán desde unha perspectiva na que non haxa tabús nin vetos«.

Lea también

Los bomberos de Ferrol dejan de prestar servicio en otros seis municipios de la comarca

El presidente de la junta de personal del Ayuntamiento de Ferrol, Javier Sandá (CSIF), ha …