O Concello cede a decoración da árbore de Nadal da Biblioteca municipal aos pequenos da cidade

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Cultura, que dirixe Antonio Golpe, pon en marcha o obradoiro “Adorna a túa Biblioteca”. A iniciativa terá lugar o luns, 16 de decembro, de 18.30 a 20 horas e poderán participar nenos a partir de tres anos. É necesario anotarse previamente.

O prazo de inscrición abre mañá xoves, 12 de decembro, e poderá facerse no mostrador da planta baixa da Biblioteca municipal ou chamando ao teléfono 981 944 182. Tódolos materiais serán facilitados pola Biblioteca e a inscrición é gratuíta.

Con esta iniciativa, a concellería de Cultura busca “implicar aos máis pequenos nunha actividade de Nadal” nun espazo “que invita á lectura”, explicou o concelleiro.

Lea también

Neda premia un año más a los mejores lectores de la biblioteca municipal

La Biblioteca municipal de Neda ha celebrado el Día Internacional del Libro distinguiendo, como viene siendo …