Mar Delgado, ante o último obstáculo para gañar o Premio de Outono de dúatlon cros

Mar Delgado co maillot de líder | Triatlón Ferrol

Mar Delgado chega a Carballo, á última proba do circuíto do Premio de Outono de dúatlon cros, cunha vantaxe de dous minutos con respecto á segunda clasificada.

Aínda que a vantaxe poda semellar ampla, en categoría masculina a diferenza de nivel entre os participantes é máis acusada xa que o líder está oito minutos por riba dos perseguidores. Deste xeito, a duatleta do Triatlón Ferrol deberá espremerse ao máximo para manter a renda que logrou en Lousame e Cerdedo-Cotobade en caso de sufrir algún contratempo, como a pasada semana cunha avaría mecánica na metade do sector ciclista.

O Dúatlon Cros de Carballo terá lugar este domingo nun percorrido de 5 km de carreira a pé, 21 km de bici de montaña e 2,5 km correndo.

Lea también

Racinguismo.-Mala gestión del «sentimientos racinguista»

Manuel Villar Los gestores del Racing tienen que pensar que el Club está representando no …