Alumnado do CRA do Val participa na elaboración dun mural sobre a defensa das escolas rurais

O alumnado do CRA do Val participa estes días nunha actividade do Programa de Recursos Educativos de Apoio á Escola que oferta o Concello naronés aos centros de ensino da cidade. A concelleira responsable da área, Mercedes Taibo, desprazouse ata o CRA do Val para ver o traballo que realizan os escolares, un mural no patio cuberto baixo a temática da defensa das escolas rurais e todos os valores que transmiten e no que colabora –no deseño e na elaboración- o artista local Leandro Lamas.

Taibo explicou que a través deste programa municipal “apóstase por decorar espazos dos centros de ensino a través da pintura e cun traballo comunitario, no que participa todo o alumnado”. Así mesmo, asegurou, “este tipo de propostas fomentan tanto a creatividade artística dos escolares como o traballo en grupo e a toma de decisións, algo moi importante na súa educación”.

O mural do CRA do Val comezou a realizarse este mesmo mes de decembro.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …