O Concello de Narón mantén aberto o prazo para colaborar na campaña “A túa vella bici vale un sorriso”

O Concello de Narón mantén aberto o prazo para colaborar na campaña “A túa vella bici vale un sorriso”, impulsada a través da Concellería de Seguridade Viaria a través do equipo de Educación Viaria. As bicicletas e patinetes que se doen a través desta iniciativa, e que se entregarán ao Centro de Recursos Solidarios de Narón, deben estar en bo estado de conservación, aínda que se lles realizará unha posta a punto antes de que cheguen aos seus novos propietarios e propietarias. A Biblioteca municipal
colaborará tamén na campaña ofrecendo un espazo de encontro donde un equipo de voluntarios e voluntarias poderán reunirse para realizar esas tarefas de posta a punto de bicis e patinetes, tal e como indicou a concelleira responsable da área, Mercedes Taibo.

As persoas que queiran participar nesas tarefas poden chamar ao número 981 382 173, para comunicalo e organizar os grupos, que contarán coas ferramentas precisas para pequeñas reparacións aínda que poderán levar as súas propias. Esa xornada de traballo colaborativo na Biblioteca será o día 18 deste mes, entre as 18.00 e as 20.00 horas.

O Concello mantén tamén aberto ata o día 18 deste mes o prazo para doar bicicletas e patinetes, que se poden entregar na oficina de Educación Viaria do Concello de Narón, na planta de acceso, e nos centros de ensino da cidade.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …