Hoxe remata o prazo para anotarse ao programa «Concilia Nadal!» do Concello de Valdoviño

As concellerías de Servizos Sociais e de Deportes do concello de Valdoviño poñerán en marcha o programa municipal «Concilia Nadal!». Está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, e desenvolverase nas instalacións do CPI Atios en horario de mañá, de 9,30 a 14 horas. Así mesmo, e para quenes o soliciten, haberá un servizo de madrugadores dende as 8 horas.

O prazo para anotarse concluirá este luns, 16 de decembro, e é preciso inscribirse no
departamento municipal de Servizos Sociais –planta baixa da consistorial ou
teléfono 981 48 70 41 extensión 5-.

O programa propón para os/as máis pequenos/as da casa multideporte, xogos
populares, talleres de igualdade, cine infantil, obradoiros e xogos de Nadal.

Desenvolverase os días 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro e máis 2 e 3 de xaneiro.
A cuota para participar é de 36,88 euros e as familias numerosas poden acceder
a un desconto do 20%. Un programa co que se busca favorecer a necesaria
conciliación da vida laboral e o coidado d@s fill@s durante as vacacións de Nadal.

Lea también

La Armada celebra en Ferrol el Día de la Virgen del Carmen

Este jueves, día 16 de julio, en la explanada del edificio “Sala de Armas” del …