A mesa de negociación, a favor de 23 prazas incluídas na proposta de oferta pública de emprego 2019

A oferta pública de emprego 2019 do Concello de Ferrol deu esta mañá un novo paso de cara á súa aprobación. Na reunión de hoxe da Mesa Xeral de Negociación, os catro sindicatos que forman parte dela (UXT, CC.OO., CIG e CSIF) mostráronse de acordo cos termos nos están recollidas na proposta de OPE 23 prazas.

O documento co que traballa a concellería de Recursos Humanos, da que é titular María Teresa Deus, contempla a cobertura de sete postos de persoal funcionario mediante concurso-oposición da quenda libre. Dous corresponden a bombeiro/conductor (grupo C2), un a técnico de prevención de riscos (A2), outros dous a peóns (E), un máis a oficial de oficios (C2) e outro a auxiliar de biblioteca e arquivo (C1).

Mediante promoción interna cubriríanse seis prazas de administrativo (C1), e as dez restantes corresponderían á estabilización de emprego temporal no corpo de bombeiros (grupo C2).

Lea también

Ferrol apuesta por un ocio nocturno seguro y libre de violencias

La concejala de Mujer e Igualdad, Elvira Miramontes, avanzó que el Ayuntamiento de Ferrol se …