A Xunta de Goberno Local aproba os plans de seguridade e saúde do arranxo das deficiencias na urbanización Fenya e da obra do aparcadoiro de Canido

A Xunta de Goberno Local desta mañá aprobou o plan de seguridade e saúde das obras do proxecto de execución do arranxo das deficiencias detectadas na urbanización AEI-13 Fenya e tamén o plan de seguridade e saúde das obras do proxecto básico e de execución e estudo de seguridade e saúde para o aparcadoiro disuasorio na rúa Alegre, ambas actuacións no barrio de Canido. Este é o último trámite administrativo antes do inicio das obras, que en ambos casos terán un prazo de execución de tres meses a partir do día seguinte á firma da acta de replanteo. As firmas dos contratos administrativos formalizáronse o pasado decembro.

Os problemas na parcela onde se asentaba a antiga Fenya comezaron hai preto de tres anos, cando afundiu o terreo e venceu o muro que o soportaba, o que afectou aos xardíns e á zona onde se encontra a escola infantil Virxe de Chamorro. Dende entón o muro está apuntalado e cuberto. A actuación prevé a retirada do mobiliario urbano, o saneo e reposición do terreo, a demolición dos muros existentes e a execución de novos muros, a renovación das instalacións de alumeado, rego e pluviais, a renovación da pavimentación e a reposición do mobiliario. O prezo do contrato é de 120.939,50 euros (IVE incluído).

En canto ao aparcadoiro da rúa Alegre, está previsto que conte con dous accesos, 133 prazas para coches e aparcabicis. Terá pavimento terrizo e de formigón, segundo as zonas, e nas esquinas inutilizadas plantarase céspede e arces americanos. O prezo do contrato é de 132.724,90 euros (IVE incluído).

Lea también

Aceptadas 4 propuestas de mejora del COAG a la ordenanza de licencias de Ferrol

La concejala de Urbanismo de Ferrol, Blanca García, dio cuenta este miércoles en la comisión …