Fátima Paz abre o circuíto de inverno de dúatlon cros como líder

Fátima Paz no podio | Triatlón Ferrol

Fátima Paz rematou segunda o Dúatlon Cros de Vimianzo e, dado que a gañadora non está federada, pasa a encabezar o circuíto de inverno de dúatlon cros.

A duatleta do Triatlón Ferrol comezou a proba en primeira posición, perdeu varias posicións no ciclismo pero remontou na última carreira a pé para rematar como segunda clasificada.

Pola súa banda, pese a competir enferma, Mar Delgado rematou en cuarto lugar.

Lea también

Narón convoca tres novas andainas do programa “Ponte en ruta con nós”

O Concello de Narón abre a vindeira semana, os días 22, 23 e 24 de …