O Concello colabora co Club de Remo Narón na organización do “I Trofeo de Traiñeiras Cidade de Narón-Granxa O Coto”

Presentación do I Trofeo de Traiñeiras Cidade de Narón | Concello de Narón

O Concello colabora co Club de Remo Narón no “I Trofeo de Traiñeiras Cidade de Narón-Granxa O Coto”, que se celebrará o vindeiro domingo, día 19, na enseada da Gándara, a partir das 11.00 horas. O concelleiro de Deportes, José Oreona, presentou o evento acompañado por Martín Martínez e Borja Díaz, presidente e tesoureiro, respectivamente, do citado club naronés.

Nesta primeira edición da convocatoria, con diferentes categorías masculina e feminina, participarán un total de trece traiñeiras, tal e como indicaron os representantes da entidade deportiva naronesa. Na categoría feminina participarán os clubs da Cabana, Mugardos e Perillo. Nas masculinas, na Liga A participarán os clubs Vilaxoán, Mera e A Cabana; na categoría B os de Mugardos, Cedeira, Perillo, Castropol e o Club de Remo Narón; na ACT o de Ares e na de veteráns tamén o de Ares.

O percorrido da regata a realizar será unha contrareloxio triangular, con saída dende as inmediacións do local do Club de Remo Narón, na enseada da Gándara, cara á zona de San Valentín, en Fene, e un segundo largo ata a zona da ponte do ferrocarril para completar o percorrido de novo no punto de saída, xunto ao Club de Remo Narón. En total será unha distancia duns 5.500 metros, tal e como apuntaron dende a entidade. Os representantes do club naronés agradeceron a colaboración do Concello naronés para poder levar a cabo este evento e tamén a implicación dos diferentes clubs que participarán nesta primeira edición.

Pola súa banda, o edil de Deportes de Narón felicitou aos representantes do Club de Remo Narón polo feito de promover esta convocatoria na cidade e tamén pola traxectoria deportiva desta entidade. Así mesmo, Oreona ofreceu a colaboración do Concello para este tipo de eventos e animou á veciñanza a acudir á convocatoria para desfrutar dunha cita deportiva animando aos participantes na mesma.

Lea también

Las selecciones comarcales se nutren de varios jugadores de la cantera Racinguista

El lunes 25 se disputó el Campeonato Gallego de selecciones comarcales, con 17 jugadores y …