O Concello convoca unha nova edición do Certame de Creación Artística, Poesía e Imaxe “En galego sen filtro”

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Normalización Lingüística, que dirixe Cristina Prados, convoca en colaboración coa Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística, o XX Certame de Creación artística, Poesía e Imaxe “En galego sen filtro”, unha iniciativa dirixida a todos os niveis do ensino non universitario tanto públicos como concertados: Educación Infantil e Primaria, ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos.

Os alumnos participantes poderán presentar unha composición plástica orixinal na modalidade de audiovisual ou na de debuxo, pintura, colaxe e fotografía. No primeiro caso, a duración non debe exceder os cinco minutos, créditos incluídos.

Para a realización da obra en calquera das modalidades, os alumnos deberán escoller como motivo de inspiración unha das 15 propostas poéticas da literatura universal, entre as que se encontran obras de Carvalho Calero, Odete Costa, Fernando Sylvan, José Dos Santos Ferreira, Luísa Ducla Soares o José Craveirinha, entre outros autores.

O certame consta de dúas fases, unha nos centros e outra intercentros. Na primeira realizaranse actividades que relacionen o mundo da expresión poética co da expresión plástica ou as novas tecnoloxía. Neste caso, o centro seleccionará unha única obra para participar na fase intercentros na modalidade de debuxo, pintura, colaxe e fotografía. Na de audiovisual, cada centro poderá enviar un por nivel educativo.

A Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística nomeará un xurado que seleccionará de entre as obras presentadas para a fase intercentros un máximo de 25 cadros e 10 obras de audiovisual atendendo aos criterios de calidade estética, orixinalidade e interrelación entre a linguaxe poética e a linguaxe plástica e visual.

Exposición de traballos

Coas obras seleccionadas no certame, o Concello de Ferrol e a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística realizarán unha exposición pública a finais do mes de abril deste ano. A concelleira de Normalización Lingüística, Cristina Prados, anima “á participación dos centros educativos co obxectivo de fomentar o uso do noso idioma empregando as artes plásticas”.

Lea también

Ferrolanos.-Luciano Taxonera y Vivanco, crítico literario, periodista y novelista

Luciano Taxonera y Vivanco nació en Ferrol el 4 de abril de 1890. Periodista, crítico literario y …