O Concello presenta o novo taller “Descubrindo o teatro”, dirixido a mozos de entre 12 e 16 anos

O Concello de Ferrol presenta o taller “Descubrindo o teatro”, unha iniciativa dirixida a mozos de entre 12 e 16 anos que se levará a cabo os martes dos próximos meses de 18.30 a 20.30 horas na sala audiovisual da Biblioteca municipal, na 3º andar. Estará a cargo do actor e profesor de teatro Brais Rey Campos.

As sesións deste taller darán comezo o martes 4 de febreiro e finalizarán o 12 de maio. É necesaria inscrición previa, que pode realizarse a partir de mañá martes, 21 de xaneiro, ás 9.00 horas no mostrador da biblioteca ou enviando a solicitude cuberta ao correo biblioteca@ferrol.es.

O taller ofrecerá aos participantes a oportunidade de fortalecer a súa autoconfianza, alimentar a súa creatividade, facer amigos así como enriquecer a educación a través do uso da linguaxe e a escritura.

Lea también

Xavier Alcalá e Manel Cráneo presentan en Ares a novela gráfica ‘Cinza’

O salón de actos da Alianza Aresana acolle o venres 19 de abril, ás 19:30 …