Bos resultados para o Atletismo Narón no Campionato Galego de Combinadas e sub-23 en pista cuberta

Os representantes do Atletismo Narón no Campionato Galego en Ourense | Atletismo Narón

A pasada fin de semana tiveron lugar en Ourense dous campionatos autonómicos con representación de atletas do noso Atletismo Narón. O Campionato Galego de Probas Combinadas pechouse con cinco medallas (catro de ouro e unha de prata) e o Campionato Galego Sub 23, que trouxo para Narón tres metales (un de ouro e dúas de prata).

Campionato Galego de Probas Combinadas en Pista Cuberta

Sete foron os representantes do noso club neste campionato que se disputou o sábado e o domingo na pista cuberta de Ourense.

Na categoría máster tomaron partida Carlos Ferrer (na categoría M-60) e Eva Castro (na categoría W-35) e ambos conseguiron subirse ao alto do podio. Carlos conseguiu unha marca final de 3.258 puntos e Eva finalizou o pentatlon con 3.107 puntos.

En categoría absoluta o único representante local foi Adrián Carreira, que cunha marca final de 2.468 puntos conqueriu a medalla de prata. Destacar nesta categoría que foi baixa de última hora Alex Romero por unha lesión producida os días previos nun adestramento.

En categoría sub-18, Aitor Fernández, repetiu a victoria da tempada anterior e dese modo conseguiu a medalla de ouro cunha marca de 4.234 puntos.

En categoría sub-16 terían tres representantes: Joel López proclamouse campión galego e medalla de ouro cunha marca de 3.315 puntos. No apartado feminino Nerea Freire fixo unha gran competición para finalizar no 7º posto final con 2.195 puntos e Aroa Fernández finalizou no 11º posto con 1.946 puntos.

Campionato Galego Sub 23 en Pista Cuberta

O domingo pola tarde disputouse o Campionato Galego Sub 23 no mesmo escenario que o de combinadas. Dous foron os representantes do club neste campionato, cunha destacada actuación.

Thiarle Gabriel conseguiu unha medalla de ouro nos 400 metros, cunha gran marca de 51.10, e foi medalla de prata nos 800 metros, nunha carreira táctica.

Carmen Gómez foi subcampiona galega e medalla de prata nos 60 metros valados, cunha boa marca de 9.92 e foi 5ª na final dos 60 metros lisos con 8.50.

Lea también

El Racing de Ferrol ha empezado con su pretemporada más incierta

Ha empezado este jueves el trabajo sobre el césped para el Racing de Ferrol en …