Julián Reina traslada aos veciños de San Xoán os avances nos contactos coa Xunta e Alsa en relación ao transporte metropolitano

Reunión de Julián Reina e a asociación de veciños de San Xoán | Concello de Ferrol

Julián Reina, concelleiro de Mobilidade e Urbanismo, reuniuse esta mañá con Andrés Medín, presidente da asociación de veciños de San Xoán, e outros dous representantes da entidade para trasladarlles os resultados dos contactos mantidos coa Xunta e con Alsa en relación ao novo transporte metropolitano de Ferrol, posto en marcha o pasado 1 de xaneiro.

Neste senso, o edil compartiu con eles as conclusións do encontro que tivo lugar o pasado venres co xefe territorial da Consellería de Infraestructuras e Mobilidade da Xunta de Galicia, administración responsable da xestión do servizo. Nese momento entregoulle ao responsable autonómico o documento que recolle as achegas recibidas no Concello por parte das asociacións veciñais e particulares ao novo transporte. O concelleiro insistiu en resaltar que os contactos coa Xunta e con Alsa, empresa que presta o servizo, son “constantes” co obxectivo de “adaptar as novas liñas as necesidades dos veciños de Ferrol”.

Tal e como comprometeuse o pasado sábado, o edil ven de convocar aos representantes das asociacións veciñais a un novo encontro mañá pola tarde no pazo municipal para informarlles dos avances nas conversas coa Xunta e con Alsa. O anterior tivo lugar o pasado 9 de xaneiro na concellería de Urbanismo. Reina lembrou a “boa disposición” do goberno autonómico na mellora dos percorridos dos autobuses.

Lea también

Inauguración en Ferrol de la «II Festa do Marisco de Semana Santa»

Se celebra hasta el próximo domingo bajo una carpa en el muelle ferrolano de Curuxeiras …

Un comentario

  1. Lo que tenía que hacer el Concello en vez de tanta reunión y tanto postureo es cumplir con sus obligaciones en materia de transporte (toda vez que han dejado que las concesiones sean cosa de la Xunta), y son bien pocas: pintar y señalizar correctamente las paradas de autobús, poner marquesinas donde no hay y arreglar las que están reventadas, y poner a trabajar a la Policía Local para que dejen de estar permanentemente ocupadas por coches y obstaculizando el trabajo de los buses (e.g.: Bodegas de Fajardo, delante de Castelos, Villa Soledad, etc etc)