O Concello distribúe tres libros escritos por Carvalho Calero e dous sobre a súa vida aos centros escolares de Ferrol

Ángel Mato na presentación dos actos homenaxe a Concepción Arenal e Carvalho Calero | Concello de Ferrol

O Concello ven de distribuír aos centros escolares de Ferrol tres libros escritos por Ricardo Carvalho Calero e dous sobre a súa vida co obxectivo de contribuír á difusión da súa obra entre os estudantes da cidade nun ano no que o autor é o protagonista do Día das Letras Galegas.

Os títulos que desde hoxe forman parte do fondo dos centros —dez colexios públicos, once concertados, oito institutos e dous centros de Formación Profesional— son Historia da Literatura Galega Contemporánea, Epistolario a Fernández del Riego e A Xente na Barreiro. Tamén outros dous libros editados polo Concello de Ferrol sobre a vida e obra de Carvalho Calero: Encontros con Don Ricardo e Imaxe de Cen Anos.

Comezan os actos de conmemoración ao escritor

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, anunciou a pasada semana o inicio dos actos institucionais programados na memoria do escritor. O primeiro terá lugar mañá mesmo coa inauguración ás 19 horas de “Imaxe de Cen Anos”, unha exposición sobre Carvalho Calero que poderá visitarse ata o día 31 de maio no centro cultural Torrente Ballester. Mostrará máis de 30 primeiras edicións do autor e varios dos seus obxectos persoais tales como un dos seus reloxos de pulseira e outro de peto. Na presentación da exposición, Mato mostrou outro elemento relevante na vida do escritor, “o seu bastón orixinal, que utilizou durante moitos anos da súa vida”, dixo con el na man. No Torrente tamén poderá verse “o seu calzador, a súas medalla de cátedra e a de membro da Real Academia Galega, o seu barrete e numerosas placas de recoñecemento a súa figura”, detallou Mato, quen agradeceu a súa familia a colaboración “para poder celebrar unha exposición digna como a súa figura merece”.

Lea también

El presentador de “Órbita Laika”, Eduardo Sáenz de Cabezón, imparte una conferencia en Ferrol

La conferencia “Á nosa imaxe e semellanza. Unha viaxe ao cerebro da máquina” invitado por la Cátedra …