O domingo chega ao Torrente Ballester “Hubo”, un espectáculo poético para todos os públicos

Hubo, esta fin de semana no Torrente Ballester | Concello de Ferrol

A programación cultural do Concello de Ferrol para esta fin de semana trae ao centro cultural Torrente Ballester “Hubo”, un espectáculo teatral sen palabras que trata sobre o amor, a perda, a soidade, a memoria e o arraigamento. Trátase dunha obra poética dirixida ao público familiar a partir dos sete anos que desde a beleza mostra a historia do naufraxio dunha muller que se resiste a abandonar o seu mundo, reducido xa a unha illa de pedra. A través dunhas telas, unha casa, as mans dos actores e o seu corazón, os espectadores mergullaranse na historia da protagonista.

A actuación, unha producción de El Patio Teatro, terá lugar o domingo ás 18.30 horas e as entradas xa poden retirarse no despacho de billetes do teatro Jofre por 4 euros. O horario de atención ao público é de martes a venres de 11.00 a 13.00 horas e de 18.00 a 20.00 horas. Sábados, domingos e festivos de función, abrirá pola mañá de 11.00 a 13.00 e pola tarde dende dúas horas e media antes do inicio da mesma.

Lea también

Fene conmemora o Día do Libro con maxia para soñar

Cun “espectáculo sorprendente, para gozar en familia, no que o ilusionista Mago Marco proporá unha viaxe …