O BNG urxe ao goberno local a esixir a Defensa que garanta o acceso ao CEIP Isaac Peral

Colegio Isaac Peral

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol pediu esta mañá ao goberno de Angel Mato que interceda diante do Almirante xefe do arsenal de Ferrol e do Ministerio de Defensa para permitan à comunidade educativa do CEIP Isaac Peral poder utilizar sen ningún tipo de restrición as portas de acceso ao centro que limitan coas instalacións deportivas da Armada, máxime «se temos en conta que estas portas están catalogadas como portas de emerxencia e de acceso para vehículos de emerxencia como bombeiros e ambulancias«.

O BNG faise eco das demandas da comunidade educativa do CEIP Isaac Peral que levan meses pedíndolle as diferentes administracións e organismos con responsabilidade nesta cuestión que lles permitan poder ter acceso en calquera momento do día ás portas confinantes co pavillón de deportes de Batallóns. «Cómpre lembrar que as portas laterais de emerxencia teñen saída a unha explanada, propiedade do Ministerio de Defensa, que só permanece aberta en horario lectivo de 9 a 14 horas, pero hai que sinalar que este centro tamén ten actividades en horario de tarde, tanto comedor como as actividades extraescolares«.

Tamén desde hai tempo «se atopa pechada a porta traseira que se atopa entre o pavillón de Batallóns e o Muro de Navantia que é a única que da acceso directo, a algun posible vehículo, ao pavillón deportivo do colexio onde se desenvolven actividades deportivas fora do horario escolar«.

Desde a comunidade educativa e a dirección do centro, co fin de buscar unha solución a esta problemática, «tense posto este feito en coñecemento da Xunta de Galiza e solicitado entrevistas co concelleiro de educación e co alcalde da cidade das que non obtiveron resposta de ningún tipo«.

O BNG, levou este tema à comisión informativa de urbanismo e interpelou ao goberno local para que tome cartas no asunto e esixa a Defensa unha solución ao mesmo «xa que baixo a nosa óptica este é un tema que consideramos urxente resolver que se lles dea unha explicación a comunidade educativa do Isaac Peral xa que o acceso e seguridade a un centro educativo non debe depender da vontade personal de quen ostente en cada momento o mando dunhas instalacións«.

Lea también

El alcalde de Ferrol mantiene una reunión con la presidenta de Dignidad, Lola Romero

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, se reunió en la mañana de este …