Este sábado, inauguración en Odeón da “XVI Mostra da Camelia Cidade de Narón”

O Centro Comercial Odeón acollerá este sábado e o domingo a “XVI Mostra da Camelia Cidade de Narón”. O Concello organiza este evento en colaboración coa Asociación Galega da Camelia e do Centro Comercial Odeón. A montaxe da Mostra comezará mañá ás 9.00 horas nunha das plazoletas de Odeón e a partir das 13.00 o xurado comezará a valorar os lotes presentados polos concursantes ao “XII Concurso de Flor de Camelia Cidade de Narón”.

Este sábado

A apertura ao público da Mostra será este sábado  ás 17.00 horas, coincidindo coa inauguración oficial da mesma e co acto de entrega de premios aos lotes que reciban maior puntuación. Haberá premios para a Mellor Camelia japónica, a Mellor Camelia reticulata, a Mellor especie de camelia, o Mellor híbrido de Camelia, a Mellor flor miniatura, o Mellor cultivador-expositor e a Mellor composición artística colectiva (este último dirixido a asociacións, entidades culturais…).

Participan este ano cultivadores de camelios de Narón e comarca e tamén procedentes de A Coruña, Lugo, Pontevedra (de donde acudirá o grupo maioritario) e tamén doutras comunidades como Asturias e Cantabria. Na xornada do sábado, a Mostra poderá verse ata as 20.00 horas.

O domingo

O domingo reabrirase ás 11.00 horas, e ata as 18.00, momento da clausura, se ben ás 10.30 horas está programada unha visita aos xardíns de camelias de Abelardo Seoane, natural de Fene e socio fundador da Asociación Galega da Camelia, e tamén de Manuel Pico, secretario da entidade. As persoas que desexen acudir deben anotarse chamando ao número de teléfono 660 599 700 e reuniranse ás 10.00 horas na explanada da gasolineira de Fene para saír sobre as 10.15 cara ao xardín de Abelardo Seoane.

Dende o Concello animaron á veciñanza a desprazarse a Odeón esta fin de semana para poder comprobar a calidade e variedade das flores que alí se poderán ver tanto este sábado como o domingo.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …