A Escola Javi Gómez Noya clasifica oito canteiráns para a final galega de Nada e Corre

Carmen Jiménez nunha proba | Triatlón Ferrol

Un total de oito promesas da Escola Javi Gómez Noya lograron unha praza para a final galega de Nada e Corre ao rematar entre os catro mellores da proba de Carballo deste domingo.

Ao máis alto do podio subiron a alevín Lucía Villarnovo e a infantil Marta Novo, conseguiron a medalla de prata o benxamín Manuel Caneiro e a súa irmá cadete Sabela Caneiro, o bronce acadárono os cadetes Carmen Jiménez e Alejandro Rodríguez e remataron en cuarto lugar os infantís María Filgueiras e Daniel Portomeñe.

Lea también

El Náutico de Narón busca el título de las Ligas Nacionales de Duatlón

Este fin de semana, la ciudad de Soria se prepara para acoger la última jornada …