O Mago Yunke leva esta fin de semana ao Auditorio o seu espectáculo “Conjuro”

Mago Yunke

O Mago Yunke, considerado como un dos mellores ilusionistas da actualidade, levará esta fin de semana o seu espectáculo “Conjuro” ao Auditorio de Ferrol. Trátase dun show cheo de misterio, beleza e risco, con situacións sobrecolledoras e hipnóticas. Yunke é un innovador no seu campo, inventor de ilusións e creador de mecanismos máxicos que xa levou por numerosos países. É tamén un habitual de programas de televisión. Pasou, por exemplo, por “El hormiguero”, “Luar”, “Gran hermano” ou “El show de Flo”.

Ao longo da súa traxectoria, Yunke ten recibido numerosos premios. Por exemplo, foi campión de España de maxia, foi galardoado pola FISM (Federación Internacional de Sociedades Máxicas), recibiu o Mandrakes D’or e obtivo unha mención de honor da familia real de Mónaco.

O espectáculo que ofrecerá este domingo, 1 de marzo, ás 19 horas (a partir de 18 euros) presenta as súas mellores ilusións e creacións máxicas, ademais das que o levaron a ser un dos máis recoñecidos magos do mundo. Segundo avanzan dende a súa produtora, “Conjuro” ofrece “grandes ilusións de espectacular impacto que se entrelazan coa música e unha impecable posta en escena, enriquecendo a interacción co público”, é dicir, “un tipo de ilusionismo inédito en España” que, ademais, “fará as delicias de todo tipo de público”. A súa duración aproximada é de 75 minutos.

Lea también

Ares entrega os premios do IV Concurso de Escritura Creativa de Microrrelatos Escolares

Concello de Ares e CPI As Mirandas entregaron esta semana os premios do IV Concurso …