Mato chama no acto en memoria de Amor Deus a defender os dereitos dos traballadores e a liberdade como fixo o que foi secretario xeral de CC.OO.

Ángel Mato e Antonio Golpe co fillo de Amor Deus | Concello de Ferrol

O Concello de Ferrol realizou esta mañá unha ofrenda floral no monolito en memoria de Manuel Amor Deus, na confluencia da rúa de Mendizábal coa estrada de circunvalación. Durante o acto, no que participaron o alcalde, o primeiro tenente de alcalde e membros dos grupos políticos municipais, Ángel Mato chamou a defender os dereitos dos traballadores e a liberdade do mesmo xeito que o fixo Amor Deus “durante toda a súa vida”. O rexedor destacou da figura do sindicalista que “ergueu a voz cando facelo significaba pagar moi caro, como pagou el”, e que, tras pasar polo cárcere e converterse en secretario xeral de Comisións Obreiras de Galicia, regresou ao seu posto de traballo a finais dos anos oitenta, “o que non lle impediu emprender outras loitas”, dixo en referencia á batalla legal que librou durante os últimos anos da súa vida polas consecuencias do traballo con amianto entre os empregados dos estaleiros. Ao final do acto, o alcalde e o fillo de Amor Deus depositaron un ramo de flores ao pé do monolito, e tras eles, os demais asistentes deixaron rosas brancas e vermellas.

Lea también

COFEPA conmemora en Ferrol su 50º aniversario

La Xunta de Galicia reconoció en 2023 con su Premio a la Cooperación la trayectoria de …

Un comentario

  1. Pois aplícate o conto e pagalle os teus o que lles debes, que son a día de hoxe uns dos moires acreedores do concello.