Presentada a obra » RCC. O Carballo que fun en Ferrol»

Fot. M. Galdo

No salón de actos de Afundación, na praza da Constitución, en Ferrol, celebrouse este mércores ao serán a presentación de» RCC. O Carballo que fun en Ferrol», unha obra que dá ao prelo o Club de Prensa de Ferrol coa colaboración de autores ferrolterráns, baixo a coordinación de Bernardo Máiz, e o patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística no marco da programación institucional das Letras Galegas 2020 da Xunta de Galicia.

O secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García felicitou o Club de Prensa de Ferrol pola iniciativa de “honrar a Carvalho Calero e poñer en valor o estreito vínculo entre el e a cidade departamental, na que un instituto de ensinanza secundaria, un centro cultural e senllos prestixiosos certames de narrativa e investigación lingüística-literaria que levan o seu nome dan conta aínda, tres décadas despois, da pegada que deixou tan ilustre veciño na dignificación do idioma e da cultura de noso.”

Ángel Mato.Fot. concello

Xunto con Valentín García, interviñeron na presentación Ángel Mato, alcalde de Ferrol; Mª Victoria Carvalho Ramos, filla de Ricardo Carvalho Calero; Bernardo Máiz, coordinador da obra; Esperanza Piñeiro de San Miguel, en representación dos autores, e Xulia Díaz Sixto, presidenta do Club de Prensa de Ferrol.

Os vinte e nove anos en Ferrol de Carvalho Calero

Fot. M. Galdo

Ricardo Carvalho Calero residiu en Ferrol apenas 29 dos seus 80 anos de vida, en tres etapas. De 1910 a 1926, de 1932 a 1936 e de 1941a 1950, este último período ben espiñento. Os longos espazos de tempo lonxe da súa patria nativa debéronse aos seus estudos universitarios, á expatriación involuntaria a conta da sublevación militar de 1936, á guerra subseguinte, á estadía no cárcere como preso político e, desde 1950, á docencia en Lugo e en Compostela.

Concibido en principio como separata da Revista Ferrol-Análisis, o volume aborda o Ricardo Carvalho Calero máis ferrolán e é obra dos ferrolterrás de orixe ou adopción Antonio Blanco Carballo, Esperanza Piñeiro de San Miguel, Bernardo Máiz Vázquez (coordinador), Delia Vázquez, Xosé Mª Dobarro Paz, Ramón Loureiro, Jose-Martinho Montero Santalha, Xaime Bello Costa e Elvira Roiz Mesías.

Lea también

Ferrol solicita subvenciones para promocionar el año de Torrente Ballester

La Junta de Gobierno Local de Ferrol aprobó cursar la solicitud de convenio con la Diputación …