O Triatlón Ferrol dá os primeiros pasos cara unha permanencia en Segunda División sen apuros

Equipo de duatlón masculino | Triatlón Ferrol

O equipo masculino do Triatlón Ferrol conseguiu un valioso quinto posto no campionato de España de dúatlon por clubs, a proba que máis puntúa da Liga, e un sétimo lugar no relevo mixto celebrado este domingo en Alcobendas.

A nivel individual destacaron o top-10 de Iván Puentes e o 21º posto de Juan Rejas na proba por clubs. Pero o éxito do cadro ferrolán foi a regularidade do equipo, con cinco duatletas entre os 40 primeiros. Desta forma, cos puntos logrados polos dez integrantes do Triatlón Ferrol, logrouse ser quintos de Segunda División.

Na competición por relevos mixtos, a canteirá Carmen Jiménez tivo que substituír a última hora a Pauline Vie. En todo caso, a promesa ferrolá mantivo o equilibrio no equipo e, xunto a François Vie, Sabela Caneiro e Iván Puentes, rematou como sexto mellor equipo da Segunda.

Lea también

CLESA volve a apoiar o baloncesto feminino da man do BAXI Ferrol

CLESA retoma o seu apoio ao Baxi Ferrol no momento no que o equipo feminino …