O goberno local pon en común cos grupos municipais a liña de traballo que se está a seguir para o novo contrato do servizo de recollida de lixo

O goberno local deulles conta esta mañá aos grupos municipais dos avances realizados durante os últimos meses para elaborar un novo contrato de recollida de residuos sólidos urbanos. Foi durante a reunión ordinaria da Comisión Informativa de Medio Ambiente, Urbanismo, Servizos, Obras, Seguridade e Contratación. A concelleira de Servizos, Obras, Medio Ambiente, Zona Rural e Participación Cidadá, Ana Lamas, someteu este asunto ás opinións da oposición e invitou aos seus membros a formular suxestións e propostas que contribúan a acadar un mellor servizo para a cidade.

Segundo explicou Lamas, durante a comisión tamén se debateu por parte dos grupos acerca das distintas modalidades para darlle unha solución á problemática da recollida de lixo, pero do que se trataba principalmente, asegurou, era de “poñer en común cos grupos a liña de traballo que está a seguir o grupo de goberno” e darlles participación a todos.

Lograr un servizo moderno e eficiente

A concelleira de Servizos lembrou tamén que o contrato de recollida de residuos é moi complexo, por tratarse dun dos máis importantes que xestiona o Concello, e require unha ampla tarefa de análise previa. Unha vez levada a cabo, afirmou, “o lóxico é abrila á participación e ao debate” para, coas contribucións de toda a corporación, “lograr un servizo moderno e o máis eficiente posible que dea resposta ás necesidades da cidadanía”. “O goberno local —insistiu Lamas— quere atender as opinións de todos os grupos municipais nunha cuestión tan fundamental para a cidade e contar con elas”.

Lea también

Ciclo de Aulas temáticas para a promoción da saúde dos maiores na AVV de San Pablo en Ferrol

Están organizadas pola Asociación Cáritas e a Consellería de Política Social, en colaboración coa Asociación …