O Concello habilita o teletraballo para todo o persoal municipal que non precise acudir ao seu posto

A declaración do estado de alarma do pasado 14 de marzo obrigou a levar a cabo unha rápida reorganización do traballo no Concello de Ferrol. Dende o primeiro día, o Centro de Recursos Informáticos, dependente do concelleiro Julián Reina, comezou a habilitar postos de teletraballo para os funcionarios. Agora, grazas ao labor levado a cabo polo persoal de novas tecnoloxías, a Administración local ferrolá xa conta cos medios técnicos necesarios e está en disposición de ofrecer ese servizo a todos os seus empregados que o precisen. Reina vén de remitir unha instrución que recolle os procedementos para garantir a adecuada conexión dos funcionarios. Nela indícase que, por cuestións de operatividade e seguridade, os equipos informáticos do Concello, unha vez habilitados, son os que se trasladarán aos domicilios.

A extensión da posibilidade de traballar dende o domicilio implica a adopción de medidas adicionais ás tomadas o pasado 16 de marzo para establecer quendas co fin de que unicamente acudise ao pazo municipal o persoal imprescindible para prestar os servizos básicos. A partir de agora, non ocupará seu posto de traballo de xeito presencial ningunha persoa, a excepción dos responsables de áreas de servizos públicos esenciais, segundo unha instrución da concelleira de Persoal, María Teresa Deus.

Lea también

La Cátedra Jorge Juan, promovida por la UDC y la Armada, conmemora su 30 aniversario en el Campus de Ferrol

El rector de la Universidad de A Coruña, Ricardo Cao Abad, preside, junto con el almirante …